O tema de hoxe encántame, estou moi orgulloso de poder compartir isto! Previamente fixen unha introducción moi grosera, agora voume presentar como é debido. A miña privacidade vaise ver comprometida, pero coma este blog vai estar reducido a un número pequeno de persoas, é irrelevante. Chámome Francisco, Fran para as e os colegas colegas e Chisco, maioritariamente para a xente da universidade. Neste momento estou comezando os meus estudos en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. Entón a miña definición é adolescente universitario. Porqué decidín matemáticas? A miña cabeza cando se fixo esa pregunta tiña unha clara barreira. Eu tiña claro que iba facer algo de ciencias. Un estudo lingüístico ou social coma o Dereito ou as Relacións Públicas é tan cambiante como a vida mesma. Se ata os propios estudantes de Dereito están acojonados cando se van de Erasmus porque lles cambias as leis dos países! Que me estás contando!! Logo tiña a rama de Historia, pero paréceme tan cero p...
Asuntos, Recados e Chisco
Descrición sinxela: faladurías e discusións en primeira persoa dun tal Chisco. Por que sí.