Saltar ao contido principal

1. Introducción

 Comezo este blog nun momento da miña vida asombrosamente particular, por non decir singular!

A vida universitaria!

Que goce poder disfrutar de esta vida e nestes momentos nos que temos unha educación accesible e, se me permitides, en moi boas mans.

Atención Lectores!! Isto é un como un diario ou algo parecido que se me ocorreu facer, cunha finalidade moi clara, poder rememorar estes momentos nun futuro non moi lonxano, así como reflexionar do meu presente.

Tamén aviso de que non vou ser nada formal, vou medir as miñas palabras. Pero os meus pensamentos son os que son e aínda que estea errado, vouno dicir igual. Sei que é perigoso dárlle voz a un sinsentido pero non teño ningunha finalidade política nen divulgativa, salvo recreativa.

Porque este formato?

Porque me deu a gana, ademais falar para un tú ou un el é moito máis divertido que falar para un eu, aínda que l siga facendo en privado. Escribir é todo, por non decir do máis intrínseco dos humanos. Cando penso en como os alieníxenas nos verán, sempre penso que seremos seres que anotan todo, discuten moito, foden moito e fódena moito.

Basicamente, porque en internet podo acceder en calquera momento, se perdo as notas do móbil fastidiome, e se perdo a miña axenda pois máis do mesmo.


O obxectivo deste blog é compartir pensamentos, ideas, recomendacións e anécdotas.

Para iso comezarei falando de min porque coma quero ser matemático, todo tema comeza cunha definición.



Aínda non lle din un formato correcto á páxina pero vou ir compartindo o blog, pero vaia, coma se falara solo.


Pd: uso o galego cando me peta, sei castelán e inglés, cando me des por falar noutro idioma fareino. Perdoade as incorreccións, se son dialectalismos a foderse porque son de Ourense.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

2. Presentación

O tema de hoxe encántame, estou moi orgulloso de poder compartir isto! Previamente fixen unha introducción moi grosera, agora voume presentar como é debido. A miña privacidade vaise ver comprometida, pero coma este blog vai estar reducido a un número pequeno de persoas, é irrelevante. Chámome Francisco, Fran para as e os colegas colegas e Chisco, maioritariamente para a xente da universidade. Neste momento estou comezando os meus estudos en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. Entón a miña definición é adolescente universitario. Porqué decidín matemáticas? A miña cabeza cando se fixo esa pregunta tiña unha clara barreira. Eu tiña claro que iba facer algo de ciencias. Un estudo lingüístico ou social coma o Dereito ou as Relacións Públicas é tan cambiante como a vida mesma. Se ata os propios estudantes de Dereito están acojonados cando se van de Erasmus porque lles cambias as leis dos países! Que me estás contando!! Logo tiña a rama de Historia, pero paréceme tan cero p