Saltar ao contido principal

2. Presentación

O tema de hoxe encántame, estou moi orgulloso de poder compartir isto!

Previamente fixen unha introducción moi grosera, agora voume presentar como é debido.

A miña privacidade vaise ver comprometida, pero coma este blog vai estar reducido a un número pequeno de persoas, é irrelevante.

Chámome Francisco, Fran para as e os colegas colegas e Chisco, maioritariamente para a xente da universidade. Neste momento estou comezando os meus estudos en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela.

Entón a miña definición é adolescente universitario.

Porqué decidín matemáticas?

A miña cabeza cando se fixo esa pregunta tiña unha clara barreira. Eu tiña claro que iba facer algo de ciencias. Un estudo lingüístico ou social coma o Dereito ou as Relacións Públicas é tan cambiante como a vida mesma. Se ata os propios estudantes de Dereito están acojonados cando se van de Erasmus porque lles cambias as leis dos países! Que me estás contando!! Logo tiña a rama de Historia, pero paréceme tan cero productiva e de proveito para min que xa nin a valorei.

O caso é que quería estudar unha ciencia, e o problema xurdiu entre física, química, matemáticas e bioloxía.

As matemáticas resaltan pola súa formalidade, e iso foi o factor prioritario que non tiña o resto: en bioloxía sempre vas ter x exemplos, en química sempre hai excepcións en contra da táboa periódica, e a física, pois simplemente me bota para atrás a complexidade de certos temas e a súa difícil interpretación.

Entón decanteime polas mates, porque sempre quixen saber de onde veñen as cousas, a esencia, a verdade verdadeira. 


De pequeno sempre fun moi curioso, quería saber como se facían as cousas e interesábanme cousas tan tontas coma o funcionamento da calculadora do meu avó, ou de como se gardaban números en letras.

Ese foi o meu primer contacto directo coa abstracción matemática voluntario, fóra do ámbito escolar.

Outra anécdota: cando xogaba cunhos cochiños pequenos, preparaba unhas ramplas nos sofás con mantas, e non paraba ata que tardaban o menor tempo posible en facer as curvas.


Son datos anecdóticos que por detrás teñen unha orixe: o gusto polas reglas naturais. E a matemática é iso mesmo, unha creación humana para describir as reglas que manexa o universo: as súas formas (xeometría, topoloxía), as súas variacións no tempo (análise), a súa descrición e os seus líimites (álxebra). Sempre tendo en conta todas as conexións e todas as variables que inflúen.


Pero me pregunto, son de verdade as matemáticas a linguaxe do universo?

Aínda non estou moi avanzado, pero as matemáticas son unha invención humana que intenta describir o universo, polo tanto non é a linguaxe do universo, senón un dialecto adaptado aos humanos: é a forma na que nós podemos describir os elementos do universo e as súas operacións.

Por tanto, cando me din conta de esto, simplemento por ter nado no ser humano, as matemáticas coas que traballamos non son perfectas, por eso tanta xente está implicada día a día, traballando nelas. Son dinámicas! Como unha lingua, pois todo o coñecemento que temos sobre elas está crecendo, e cos novos instrumentos, dende o primer computador ata as invencións actuais, avanzamos ata traballar cousas tan tochas coma o Big Data e merdas infumables como a Intelixencia Artificial. 

As matemáticas son un instrumento, o instrumento máis fiel creado polo ser humano e o máis efectivo  curto plazo, pois da unha solución inmediata a un problema planteado. Así pois, as matemáticas son a base de outras moitas ciencias e a súas aplicacións van dende modelización de procesos económicos de sistemas actuais, ata o crecemento dunha poboación de corzos no Xurés ou en calquer sitio.


O universo ten unhas regras, as matemáticas é a única maneira para controlalas.

Feliz día das matemáticas! 




Francisco, 14 de marzo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

1. Introducción

 Comezo este blog nun momento da miña vida asombrosamente particular, por non decir singular! A vida universitaria! Que goce poder disfrutar de esta vida e nestes momentos nos que temos unha educación accesible e, se me permitides, en moi boas mans. Atención Lectores!! Isto é un como un diario ou algo parecido que se me ocorreu facer, cunha finalidade moi clara, poder rememorar estes momentos nun futuro non moi lonxano, así como reflexionar do meu presente. Tamén aviso de que non vou ser nada formal, vou medir as miñas palabras. Pero os meus pensamentos son os que son e aínda que estea errado, vouno dicir igual. Sei que é perigoso dárlle voz a un sinsentido pero non teño ningunha finalidade política nen divulgativa, salvo recreativa. Porque este formato? Porque me deu a gana, ademais falar para un tú ou un el é moito máis divertido que falar para un eu, aínda que l siga facendo en privado. Escribir é todo, por non decir do máis intrínseco dos humanos. Cando penso en como os alieníxenas